DATOS XERAIS DE IDENTIFICACIÓN

 
DENOMINACIÓN DO CENTRO

GARDERÍA INFANTIL “CANGURO”

 ENTIDADE DA QUE DEPENDE

PATRICIA SIMIL FARIÑA

Nº DE IDENTIFICACIÓN: F-01158-C-001

C.I.F.: 76.967.968-D

 DIRECTOR/REPRESENTANTE DO CENTRO:

SIMIL FARIÑA, PATRICIA

 ÁREA DE ACTUACIÓN: INFANCIA

 TIPOLOXÍA: CENTRO ATENCIÓN Á 1ª INFANCIA – GARDERÍA

 ENDEREZO: R/ ALEXANDRE BÓVEDA, 23 BAIXO

 LOCALIDADE:  A POBRA DO CARAMIÑAL

C.P.: 15940

 PROVINCIA: A CORUÑA

 TELÉFONO: 981-832187

 
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

 OBXECTO.

           A actividade a exercer é a de gardería infantil destinada a nenos de 0 a 3 anos, xeralmente serán fillos de matrimonios onde traballen os dous cónxuxes. 

ORGANIZACIÓN E DESENROLO.

            Os alumnos estarán separados, en función da súa idade, en tres unidades de atención, formadas, en canto a medios humanos e materiais, como se describe a continuación:

 Unidade 1: alumnado de 0 a 1 ano, conta cunha aula de 30,85 m2, que dispón dunha área diferenciada para o descanso. Dita unidade contará cun máximo de 15 alumnos, asistidos por un educador cada oito alumnos como máximo.

 Unidade 2: alumnado de 1 a 2 anos, conta cunha aula de 30,60 m2, que albergará un máximo de 15 alumnos, asistidos por un educador cada 13 alumnos como máximo 

.Unidade 3: alumnado de 2 a 3 anos, conta cunha aula de 30,90 m2, con acceso directo a un aseo, ben visible dende a mesma, dotado de 2 lavabos e 2 inodoros. Nesta unidade atenderase un máximo de 15 nenos, atendidos por un educador.

    Ademais conta dos medios específicos de cada unidade, contarase cunha sala de usos múltiples, dunha superficie de 32,85 m2, a cal ademais se utiliza como comedor e na que hai un espacio adecuado para a preparación de alimentos destinados ós menores dun ano e no que se serve unha comida á mediodía e unha merenda, ambas ofertadas por persoal alleo ó centro contratado a tal efecto (servicio de catering).

     Tamén se conta cun patio de xogos dunha superficie de 75,5 m2, o cal está totalmente cerrado e só ten acceso dende o interior do edificio. Adicado ó persoal adulto existe un aseo, dotado de lavabo, inodoro e ducha.

    En canto ós medios humanos o centro conta con persoal cualificado en número igual ó de unidades en funcionamento máis un, os cales posúen as titulacións que regula a lei actual de Centros de atención a menores.

 ACTIVIDADE.

            A actividade da gardería diríxese á atención e educación dos menores confiados polos seus pais ó noso coidado e sempre sincronizando a actividade educadora do centro ca propia da familia.

           En canto á atención, ó tratarse de alumnos de tan corta idade, comprende toda a prestación de coidades básicos que estes precisan, dende a hixiene, a alimentación, o descanso, o entretenemento, etc.

          No que respecta á educación, está encauzada a encamiñar ós alumnos nos seus primeiros pasos de coñecemento de si mesmos, as relacións cos demais e o medio, para elo elabórase un programa que comprende tanto actividades lúdicas como de traballo escolar, complementado cunha serie de actividades extraescolares que fomentan o coñecemento do medio físico e cultural no que se vai integrar, programando saídas e excursións ó longo do curso e celebrando festas en concordancia cas tradicionais do país, como entroido, navidade, etc.

          Toda esta actividade educadora se coordina ca dos pais mediante o contacto continuo que mantén con eles no momento da entrada e saída do centro, informándoos das tarefas realizadas, como comeu, horas que durmeu e canto sexa de destacar sobre a actividade do alumno ese día. Ademais se reforza o contacto cunha reunión trimestral onde se dará ós pais un informe sobre a evolución do seu fillo. Todo elo sen prexuízo das reunións extraordinarias que se precisen, cando algún problema ou dificultade así o requira.

          Toda esta gama de actividades desenrolarase nun horario amplo, de 7:00 a 22:00, os cinco días á semana e durante doce meses ó ano. Non obstante, evitarase que os nenos prolonguen a súa estadía no centro máis de oito horas diarias, agás que circunstancias excepcionais o determinen.

 LOCAL.

          Para a ubicación da actividade cóntase cun local propio sito na calle Alexandre Bóveda, nº 23, de Pobra do Caramiñal, consistente en un baixo de 231,9 m2 dotado dun amplo patio interior.

            O local está dotado en canto a medias de seguridade por (Anexo I):

            - contraincendios,

            - sistema de intrusión,

            - sistema de circuíto cerrado.

OBXECTIVOS E CONTIDOS XERAIS DE CICLO

1. ÁREAS CURRICULARES

 1.1. IDENTIDADE E AUTONOMÍA PERSOAL

-         Coñecer e controlar o seu corpo.

-         Descubrir e utilizar as súas posibilidades en situacións lúdicas e da vida cotiá.

-         Construír unha imaxe positiva de si mesmo.

-         Utilizar algunhas estratexias incipientemente autónomas da comida, descanso, aseo, etc.

-         Descubrir e utiliza-las habilidades perceptivo-motrices, cognitivas, afectivas e relacionais implicadas nas actividades da vida cotiá.

-         Utilizar e desenrolar as habilidades manipulativas e coordinacións visomotrices.

-         Actuar cada vez de forma máis autónoma nas actividades cotiás.

-         Realizar de forma cada vez máis autónoma as actividades de hixiene corporal.

-         Coidar os obxectos e dependencias onde se desenrola a vida cotiá.

-         Recoñecer os perigos de situacións habituais.

 
1.2. DESCUBRIMENTO DO MEDIO FÍSICO E SOCIAL.

-         Descubrir e coñecer relacións sociais e espacios físicos diferentes no seu medio familiar.

-         Adaptarse progresivamente á vida en común, dependencias da escola e a casa.

-         Relacionar as dependencias dos entornos cas actividades que en eles se realizan.

-         Coñecer as distintas persoas da gardería.

-         Establecer relacións fluídas, primeiro co educador e logo cos compañeiros.

-         Colaborar nas distintas actividades.

-         Discriminar os obxectos propios dos dos demais.

-         Compartir materiais e obxectos de uso colectivo.

-         Coidar o material.

-         Descubrir e coñecer algunhas características dos primeiros grupos sociais.

-         Adquirir autonomía crecente nas súas relacións.

-         Adaptarse ás normas e pautas básicas que rexen na convivencia.

-         Ampliar o campo de experiencias, interesándose por novas situacións.

-         Observar e explorar os sucesos e acontecementos do seu entorno social.

-         Crear una actitude positiva de colaboración cos adultos.

-         Manipular obxectos e materiais para provocar intencionadamente determinados efectos.

-         Desenrolar unha actividade de curiosidade e búsqueda.

-         Observar e respectar os animais e plantas do entorno.

-         Respectar e coidar o medio natural.

-         Manter os ambientes limpos.

-         Observar modificacións do entorno.

 
1.3. ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN.

-         Comprender e utilizar progresivamente a linguaxe oral.

-         Usar formas de representación para dar cauce ós seus sentementos e emocións.

-         Establecer relacións de semellanza e diferencia entre os obxectos cotiás.

-         Descubrir e experimentar a emisión de sons elementais.

-         Utilizar progresivamente un vocabulario axustado ás situacións cotiás.

-         Descubrir, experimentar e utilizar os instrumentos da linguaxe oral.

-         Participar en conversacións en grupo.

-         Espertar o interese polos seus propios desexos, sensacións ou gusto por participar en distintas situacións da comunicación oral.

-         Dominio progresivo da linguaxe oral.

-         Descubrir, experimentar e utilizar os materiais do seu entorno como instrumentos de producción plástica.

-         Desenrolar procesos de experimentación sensorio-motora.

-         Interpretar imaxes do entorno.

-         Disfrutar e sentir interese polas produccións plásticas.

-         Descubrir, experimentar e utilizar as propiedades sonoras que ten o corpo e os obxectos do entorno.

-         Descubrir, experimentar e utilizar os recursos básicos de expresión do seu propio corpo.

-         Tomar conciencia das posibilidades expresivas e control do seu corpo.

-         Comunicar co corpo.

-         Descubrir algunhas propiedades e relacións dos obxectos que o rodea (cor, forma, tamaño, etc.).

-         Descubrir a situación no espacio de distintos obxectos.

-         Fomentar actitude de respecto polas produccións dos demais.

 

2. CONTIDOS EDUCATIVOS.

 2.1. CONSIDERACIÓNS METODOLÓXICAS.

            A metodoloxía que utilizamos réxese en primeiro lugar polo principio de GLOBALIDADE, xa que cada acción do neno implica todo o seu desenrolo. Este aspecto global é moi importante para poder acadar experiencias onde se integren aspectos cognoscitivos, afectivos e motores.

            A globalización é un principio metodolóxico que responde ás características psicolóxicas do neno: “o neno é un todo global”. Organizaremos as actividades da aula en exercicios de psicomotricidade, linguaxe, expresión, plástica, etc. en torno a uns centros de interese, tendo en conta os intereses dos nenos.

            É unha METODOLOXÍA ACTIVA, xa que a actividade é necesaria para o desenrolo. Os métodos activos tende á liberación da mente, á autonomía e á independencia intelectual dos nenos.

            Esta actividade alterna XOGO-TRABALLO xa que o neno aprende mentres xoga, gracias ó xogo o neno explora tódalas posibilidades que a maduración lle ofrece dándolle estímulos continuos por parte do educador, sin esquecer que cada neno ten un modo e un ritmo particular e desenrolo; polo tanto, todo esto non se fai a ritmos forzados, sinon respectándoos.

            Teremos en conta a individualidade do neno, motivaremos a cada neno tendo en conta as súas características persoais, o seu ritmo persoal e os seus intereses.

            O xogo é fonte de motivación e traballo espontáneo do neno. Polas súas características e posibilidades estará presente á hora de elixir e facer actividades, xogo, teatro, títeres, contos e todos aqueles recursos que nos ofrece o medio e o momento nos axudarán a motivar ós nenos na conservación do obxectivo proposto.

            Combinaremos o traballo individual e o seu grupo. O traballo individual como medio de enriquecemento persoal, de coñecelas posibilidades individuais. O traballo en grupo fomentarase a través de actividades solidarias de hábitos de relación entre os nenos, de cara a preparalos para a vida.

            A escola sairá do seu reducido espacio físico e de vivencias para brindar ó neno outras experiencias tales como: a familia, o barrio, o campo, etc.

2.2. DIVISIÓN DAS ÁREAS EN BLOQUES:

 2.2.1. ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA PERSOAL

 BLOQUES DE CONTIDO:

 - CONCIENCIA DE SI MESMO:

A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Segmentos corporais, partes: cabeza, cara, pes...

-         Sensopercepción, os sentidos extereoceptivos (vista, oído, gusto, olfacto).

-         Necesidades básicas do propio corpo.

-         Autoimaxe.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Recoñecemento das distintas partes do corpo.

-         Descubrimento, regulación e control das necesidades básicas nas situacións habituais (control de esfínteres, alimentación, etc.).

-         Identificación, control progresivo de sentimentos, emocións, preferencia, etc.

-         Identificación de percepcións visuais, auditivas, gustativas, olfativas e táctiles.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Aceptación e valoración da súa identidade e dos demais.

-         Actitude positiva hacia as súas posibilidades e limitacións.

 - COORDENADAS ESPACIO-TEMPORAIS 
            A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Posturas do corpo respecto ó espacio: de pe, sentado, acostado, etc.

-         Conceptos temporais: rápido – lento.

-         Nocións espaciais: diante, detrás, etc.

-         Movemento e repouso.

-         Movementos precisos: dobrar, picar, etc.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Exploración de diferentes movementos e posturas do corpo (gateo, marcha, etc.).

-         Coordinación e control corporal con implicación do movemento global ou segmentario en actividades lúdicas e da vida cotiá.

-         Control de habilidades motrices finas.

-         Uso de materiais que esixan certa precisión.

C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Curiosidade e interese por descubrir as súas posibilidades.

-         Gusto pola actividade hacia a regularidade de rutinas.

 

- HIXIENE E SAÚDE MENTAL E CORPORAL

 A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Alimentación e saúde.

-         Hixiene persoal.

-         Benestar persoal derivado do coidado dun mesmo e do entorno.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Contribución ó coidado do contorno inmediato.

-         Hábitos hixiénico-alimenticios relacionados ca elección de alimentos.

-         Hábitos hixiénicos relacionados co acto de comer.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Gusto polos alimentos sans e naturais.

-         Actitude de agrado ante o orden e a limpeza.

-         Aceptación de normas cívicas de convivencia e de respecto.

2.2.2. ÁREA DO MEDIO FÍSICO E SOCIAL

 BLOQUES DE CONTIDO

 - CONTIDO SOCIAL:

 A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Ámbito familiar: relacións de parentesco.

-         Elementos e obxectos de uso cotiá.

-         Persoas que configuran o contorno escolar.

-         Espacio físico: a gardería.

-         Normas de convivencia e hábitos.

-         Festas tradicionais.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Desprazamento autónomo polas dependencias da casa e a gardería.

-         Coñecemento das diversas persoas cas que convive na escola e na súa casa, así como determinadas persoas significativas no seu entorno.

-         Identificación e utilización dos obxectos de uso cotiá nos distintos ámbitos.

-         Participación en festas e actividades colectivas.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Actitude de cariño e respecto polos seres que os coidan.

-         Actitude de compañeirismo, xenerosidade e de compartir.

-         Actitude aberta á comunicación.

 

- SERES VIVOS E CONTORNO NATURAL

 A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Animais e prantas.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Coñecemento e diferenciación de animais próximos á realidade do neno.

-         Coñecemento dalgunhas prantas e as súas partes.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Interese por observar e explorar algúns animais ou prantas do entorno.

-         Respecto e coidado do medio natural.

 

- CONTORNO ARTIFICIAL

 A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Obxectos cotiás.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Descubrimento das características dos obxectos e a súa utilización.

-         Manipulación de obxectos e materiais.

-         Elaboración de sinxelas construccións.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Actitude de curiosidade e búsqueda.

 
2.2.3. ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

 BLOQUES DE CONTIDO

- EXPRESIÓN CORPORAL:

A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Interpretación e representación.

-         A mímica como expresión de estados de ánimo.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Control do propio corpo e das posibilidades expresivas.

-         Descubrimento, experimentación e utilización.

-         Comunicación co corpo.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Gusto pola actividade corporal.

-         Gusto polo xogo comunicativo.

 - EXPRESIÓN ORAL

 A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Linguaxe oral: balbuceo, frases cortas, etc.

-         Expresión oral.

-         Cultura oral: cancións, poesías, etc.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Descubrimento, experimentación e utilización dos instrumentos da linguaxe oral.

-         Utilización progresiva do vocabulario axustado ás situacións cotiás.

-         Dominio progresivo da linguaxe oral.

-         Participación activa en conversacións colectivas.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Valoración da lingua falada nas relacións interpersoais.

-         Interese pola adquisición de novas palabras.

-         Gusto pola verbalidade de vivencias.

-         Gusto pola participación en distintas situacións de comunicación oral.

                 - EXPRESIÓN PLÁSTICA

 A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Cores.

-         Formas.

-         Produccións plásticas.

-         Materiais de uso plástico.

B) PROCEDEMENTOS:

-         Discriminación de cores.

-         Discriminación de formas.

-         Emprego de útiles plásticos.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Disfrute e interese polas produccións plásticas.

 

- EXPRESIÓN RÍTMICO – MUSICAL

 A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Son e silencio.

-         Ritmos.

-         Cancións.

-         Sons corporais.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Interpretación de cancións.

-         Descubrimento do corpo como instrumento.

-         Escoita de sons corporais.

-         Utilización de diferentes propiedades sonoras e a súa relación co silencio.

-         Imitar sons.

-         Producción de distintos ritmos.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Gusto e interese polas actividades musicais e rítmicas.

 

- EXPRESIÓN MATEMÁTICA

 A) FEITOS E CONCEPTOS:

-         Propiedades dos obxectos.

-         Formas.

-         O número.

-         Situación no espacio.

-         Nocións espaciais.

 B) PROCEDEMENTOS:

-         Descubrimento das propiedades dos obxectos.

-         Descubrimento  das relacións especiais.

-         Identificación dos primeiros números.

 C) ACTITUDES, VALORES E NORMAS:

-         Gusto pola exploración de materiais e obxectos diversos.

-         Interese pola acción matemática.

 
ORGANIZACIÓN E DESENROLO CURSO 2002-2003

            As actividades que se levan realizando durante este curso céntranse na conservación dos obxectivos prantexados no proxecto educativo en Setembro do 2002.

            Durante este período de tempo o número de alumnos matriculados foi en aumento ata chegar a ter nestes momentos 33 alumnos.

            O alumnado repártase en tres tipos de xornada: de mañás, de tardes e xornada partida.

            Polas mañás hai 23 nenos: 14 de 2 a 3 anos, 8 de 1 a 2 anos y 1 de 0 a 1 ano, formando deste modo dous grupos, un de 2 a 3 anos e outro de 0 a 2 anos.

            Polas tardes hai 14 nenos: 9 de 2 a 3 anos, 5 de 1 a 2 anos e 1 e 0 a 1 ano, os grupos que se forman son iguais ós das mañás.

            En relación ó tipo de xornada asisten 19 de mañás, 10 de tardes e 4 nenos con xornada partida.

            O alumnado repártase de 0 a 2 anos está atendido por unha Técnico en Xardín de Infancia e o de 2 a 3 anos por unha Diplomada en Educación Infantil.

            Ó formalizar as matrículas realízase unha entrevista persoal cos pais para recabar información sobre os nenos.

            Para as actividades diarias seguimos o proxecto Burbujas da editorial Forpax . A atención ós máis pequenos básase principalmente na prestación de coidados básicos como: hixiene, alimentación, descanso, entretenemento...

            Toda esta actividade educadora, coordínase ca dos pais mediante o contacto continuo que se mantén con eles no momento da entrada e da saída do centro, informándolle sobre as tarefas realizadas.

            No mes de Decembro programase unha festa para celebrar a navidade, na que participarán tódolos pais.

            No mesmo mes realizarase unha saída ós xardíns do pobo, para ver o nacemento e botar as cartas no buzón dos reis magos.

            En carnavais organizaremos unha saída na que colaboraron os pais, participando todos nun desfile que organiza o concello tódolos anos polo pobo.

       A finais de curso (mes de Xuño) celebraremos unha festa para os nenos de fin de curso, na que se fará entrega duns diplomas e do informe trimestral correspondente.